martes, 28 de novembro de 2023

25 de Novembro

Desde os equipos de extraescolares, biblioteca e galego, decidiuse facer un mural para conmemorar este día.

Despois xuntámonos no patio para cantar Reina de Ruth Lorenzo e Tanxugueiras e mostrar os nosos carteis. 




domingo, 12 de novembro de 2023

Magosto infantil

Como todos os anos, celebramos a conmemoración do magosto.

É unha festa típica galega que consiste en asar castañas e saltar o lume. Non puidemos ter o lume preto para velo debido ás condicións metereolóxicas pero si puidemos comer as castañas e compartir este momento de diversión e actividades en gran grupo.

No seguinte video podemos ver o que fixo o alumnado de educación infantil


 

venres, 3 de novembro de 2023

Samaín 2023

Este ano celebramos o Samaín gracias a colaboración do alumnado que, xunto coas súas familias, adornaron moitas cabazas que expuxemos polos corredores. Tamén tivemos axuda duns avós do cole que, ademais de ser moi riquiños, son uns artistas e fixeron o túnel do terror!! 

Mirade que chulo quedou todo!!!