xoves, 6 de febreiro de 2014

ARTISTAS GALEGOS

Os membros do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística queremos potenciar o coñecemento sobre diversos artistas galegos (músicos, pintores, poetas...). Por este motivo, pedimos ao noso alumnado que recolla información sobre o personaxe exposto no taboleiro de normalización “Sabiades que...” da lingua galega, situado a carón da biblioteca. Trátase de que coloquen no taboleiro datos sobre a vida, obra, curiosidades, anécdotas... Cada dous meses adícase a un artista. Aquí vos deixamos as fotos dos muráis elaborados ata o momento con traballos moi ben feitos polos nosos nenos e nenas. Grazas pola vosa colaboración!