luns, 27 de outubro de 2014

O OUTONO

Grazas a todos os nen@s que facedes estes traballos tan bonitos e orixinais sobre os outono!

martes, 25 de marzo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014


Achégase o Día das Letras e dende o ENDL queremos deixar a vosa disposición os contidos que sobre Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado, se dispoñen na web.


No Centro de Documentación da AELG http://www.aelg.org/Centrodoc/MainPage.do contamos co seguinte material que vos pode ser de utilidade:



Aquí, tamén podedes atopar outros materiais de carácter xeral:
http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro

 
Agardamos que esta documentación sexa de utilidade para celebrardes a poesía de Díaz Castro.





xoves, 6 de febreiro de 2014

ARTISTAS GALEGOS

Os membros do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística queremos potenciar o coñecemento sobre diversos artistas galegos (músicos, pintores, poetas...). Por este motivo, pedimos ao noso alumnado que recolla información sobre o personaxe exposto no taboleiro de normalización “Sabiades que...” da lingua galega, situado a carón da biblioteca. Trátase de que coloquen no taboleiro datos sobre a vida, obra, curiosidades, anécdotas... Cada dous meses adícase a un artista. Aquí vos deixamos as fotos dos muráis elaborados ata o momento con traballos moi ben feitos polos nosos nenos e nenas. Grazas pola vosa colaboración!