mércores, 14 de decembro de 2022

Linguaxe de signos

 

Clica na imaxe

A ANPA mostrouse moi colaboradora e, xunto coa biblioteca, prepararon unha actividade relacionada coa linguaxe de signos en galego. Aínda que tivemos que traducir en moitos momentos, seguiremos practicando o galego cos pequenos e pequenas.

xoves, 24 de novembro de 2022

A pedra vermella

 Ola compañeiros e compañeiros!

Os nenos e nenas de infantil pasárono en grande coa escritora Laura Sonia Blanco, que é unha mamá do cole.

O seu libro chámase a Pedra Vermella e trata sobre a importancia da familia, de estar xuntos e do amor. Unha historia preciosa.

Moitas grazas por compartir connosco a túa historia!

Clica na imaxe


sábado, 19 de novembro de 2022

Susa Herrera e Lara

 Tivemos a sorte de recibir unha visita moi especial:

SUSA HERRERA!

Ademais, a mestra Lara acompañouna cantando e bailando as diferentes cancións que nos trouxo Susa.

Moitas grazas por facernos rir un bo anaco cantando e bailando.


Clica na imaxe para ver o video


martes, 15 de novembro de 2022

Magosto 2022

O xoves 8 de novembro festexamos o MAGOSTO no noso cole.

Comemos castañas e elaboramos con bricks uns recipientes para gardalas e comelas tranquilamente.

Fixemos a carreira do San Martiño despois duns anos parados... e que ben o pasamos!! Ata gañamos trofeos e medallas!

Clica na imaxe

Clica na imaxe

Clica na imaxe

Clica na imaxe

venres, 4 de novembro de 2022

Samaín 2022

Ola galeguiños e galeguiñas!!

Para celebrar o Samaín, o EDLG en colaboración con Equipo de Biblioteca e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares (EACE) fixemos un túnel do terror.

Para poder entrar ao túnel, tivestes que recitar unha poesía terrorífica en galego e entregala en papel. A verdade é que sairon moi ben todas! Noraboa! 

Agora faremos un libro con todas as poesías que estará á vosa disposición en Biblioxoferlo.

Feliz Samaín!! Esperamos que non pasarades moito medo no túnel!!

Mirade que guapos foron!

Clica na imaxe

Tamén participamos nun concurso de decoración de cabazas e mirade que imaxinación teñen!!

Clica na imaxe

E, por último, superamos como uns campeóns e campeonas o túnel do terror! Pasámolo moi ben.

Clica na imaxe