mércores, 3 de xuño de 2015

ACTUACIÓN DE TINO BAZ

O día 29 de maio tivemos a honra de contar coa visita no cole do cantautor guardés Tino Baz. A súa gran voz e destreza instrumental fíxonos pasar ledos momentos.

MOITAS GRAZAS TINO!!!







martes, 2 de xuño de 2015

CALENDARIO ENDL

Fermoso o traballo de Educación Infantil 3 anos para decorar o calendario da entrada do cole...
 Moitas grazas!!!

TABOLEIRO ENDL

Na entrada do noso cole hai un taboleiro onde os rapaces/as colgan traballos en galego... Que bonito está!!!!
Moitas grazas por contribuír a que os espazos do centro sexan máis fermosos...

XORNADA DE PORTAS ABERTAS "EXPOSICIÓN: O NOSO LIBRO"

O ENDL programou unha xornada de portas abertas para dar a coñecer en profundida "O Noso Libro" e a revista escolar "Ecos da Louriña" que se leva realizando na escola desde xa fai moitos anos. 
Esperamos que fora do voso agrado e grazas a todos os pais/nais, mestres/as e alumnado que vos acercástedes a exposición.



XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE