xoves, 21 de decembro de 2023

xoves, 14 de decembro de 2023

Participantes portadas


 Moitas grazas a todos por participar neste concurso. De seguro que haberá máis!!

martes, 28 de novembro de 2023

25 de Novembro

Desde os equipos de extraescolares, biblioteca e galego, decidiuse facer un mural para conmemorar este día.

Despois xuntámonos no patio para cantar Reina de Ruth Lorenzo e Tanxugueiras e mostrar os nosos carteis. 




domingo, 12 de novembro de 2023

Magosto infantil

Como todos os anos, celebramos a conmemoración do magosto.

É unha festa típica galega que consiste en asar castañas e saltar o lume. Non puidemos ter o lume preto para velo debido ás condicións metereolóxicas pero si puidemos comer as castañas e compartir este momento de diversión e actividades en gran grupo.

No seguinte video podemos ver o que fixo o alumnado de educación infantil


 

venres, 3 de novembro de 2023

Samaín 2023

Este ano celebramos o Samaín gracias a colaboración do alumnado que, xunto coas súas familias, adornaron moitas cabazas que expuxemos polos corredores. Tamén tivemos axuda duns avós do cole que, ademais de ser moi riquiños, son uns artistas e fixeron o túnel do terror!! 

Mirade que chulo quedou todo!!!


luns, 23 de outubro de 2023

Benvidos ao curso 2023 - 2024

 Ola nenos e nenas.

Outro ano máis aquí. Intentaremos propoñer actividades motivadoras para todo o alumnado. Esperamos que sexan do voso gusto.

luns, 2 de outubro de 2023

Concurso calendario

Comezamos o curso cunha proposta moi interesante.

Invitámosvos a participar...


CONCURSO DE PORTADAS

As bases do concurso son as seguintes:


A temática será do mar xa que no centro estase a traballar este proxecto. 

En tamaño A4 vertical, sen relevos nin adornos pegados.

O nome aparecerá por detrás e o curso.

Por diente aparecerá escrito o nome do cole e calendario 2024.

Hai que entregalo antes do 30 de novembro

domingo, 11 de xuño de 2023

Gañadora portada revista

 Moitas felicidades a Keila por realizar unha portada tan bonita para a revista escolar!!

Pronto subiremos a revista ao blogue. Estade atentos!


Aquí tedes a todos os participantes!





sábado, 20 de maio de 2023

Letras Galegas 2023

 Dende o EDLG propuxemos facer unha exposición para conmemorar o día das Letras galegas e dar visibilidade ao autor deste ano:


FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO



luns, 17 de abril de 2023

domingo, 16 de abril de 2023

Sabela Gago

 Tivemos a sorte de recibir a visita de Sabela Gago.

Os nenos e nenas de infantil pasárono fenomenal. Esperamos que volva pronto ao noso cole.



venres, 24 de febreiro de 2023

Día de Rosalía de Castro

Polo 23 de febreiro fixemos unha Rosalía xigante e decorámoslle o cabelo cos nomes dos nenos e nenas da escola.

Feliz día de Rosalía!!!



venres, 17 de febreiro de 2023

Un Entroido moi deportivo

 Magnífico o desfile que fixo o noso alumnado coas seas vestimentas deportivas e coas súas pancartas en galego!!

https://fb.watch/iLbEW17BI5/

Premiadas Concurso do concello

Moitas felicidades ás gañadoras!!






mércores, 15 de febreiro de 2023

venres, 27 de xaneiro de 2023

O Noso Libro

Este ano O Noso Libro adicámosllo ao fundador do noso centro educativo. 

Ainda que non había moita información del, cada curso fixo a súa labor de investigación para logo plasmalo neste Libro.

Esperamos que Xosé Fernández López se sinta orgulloso de nós.





mércores, 11 de xaneiro de 2023

Mes da Ciencia

 



O EDLG en colaboración con Biblioxoferlo invitamos a todos os cursos a participar nunha exposición de experimentos.
É a primeira feira de ciencia que levamos a cabo no centro e triunfou. Participaron todos os cursos con experimentos super interesantes!
Se ciclas na imaxe poderás ver os videos e fotografías que elaboramos con algunhas explicacións.
Fixemos unhas plantillas onde se explica o experimento para despois elaborar un libro que quedará na biblioteca do colexio de recordo.

domingo, 1 de xaneiro de 2023

Calendario 2023

Presentamos o calendario feito polos nenos e nenas do noso cole.

A que quedou ben xeitoso? 

Noraboa aos artistas!!!