Ola galeguiños e galeguiñas!!
Para celebrar o Samaín, o EDLG en colaboración con Equipo de Biblioteca e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares (EACE) fixemos un túnel do terror.
Para poder entrar ao túnel, tivestes que recitar unha poesía terrorífica en galego e entregala en papel. A verdade é que sairon moi ben todas! Noraboa!
Agora faremos un libro con todas as poesías que estará á vosa disposición en Biblioxoferlo.
Feliz Samaín!! Esperamos que non pasarades moito medo no túnel!!
Mirade que guapos foron!
Tamén participamos nun concurso de decoración de cabazas e mirade que imaxinación teñen!!
|
Clica na imaxe |
E, por último, superamos como uns campeóns e campeonas o túnel do terror! Pasámolo moi ben.
|
Clica na imaxe |