Achégase
o Día das Letras e dende o ENDL queremos deixar a vosa disposición
os contidos que sobre Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado, se dispoñen na web.
No
Centro
de Documentación da AELG
http://www.aelg.org/Centrodoc/MainPage.do contamos
co seguinte material que vos pode ser de utilidade:
- Un estudo divulgativo, tamén da autoría de Armando Requeixo, que conta cunha breve antoloxía de textos de Xosé María Díaz Castro.
- Unha análise do poema "Penélope", a cargo do escritor Lois Diéguez.
- O artigo de Armando Requeixo "Versos de Ítaca. Presenza de Díaz Castro", publicado no Faro da Cultura, suplemento do Faro de Vigo.
- O discurso de entrada de Manuel María como académico numerario da Real Academa Galega, titulado A Terra Chá: Poesía e Paisaxe.
- O estudo "Novoneyra e Díaz Castro", no monográfico Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (Escrita Contemporánea. Revista da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, núm. E, páxs. 27-32)
- Finalmente, vídeos coas lecturas de escritores socios da AELG que escolleron poemas de Xosé María Díaz Castro:
Aquí,
tamén podedes atopar outros materiais de carácter
xeral:
http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro
http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro
Agardamos
que esta documentación sexa de utilidade para celebrardes a poesía
de Díaz Castro.