venres, 11 de setembro de 2026

CALENDARIO EDLG 2026-27

 Iniciamos o novo curso colocando no calendario o mes de setembro.

Este ano imos darlle unha volta ao calendario e  imos cambiar o xeito de traballar co mesmo.

Cada mes terá catro carteis onde haxa aspectos relacionados con dito mes: froitas, refráns, reflexións...

Cada mestre baixará cos seus alumn@s e falarán sobre o que está escrito nos carteis.

O obxectivo é reflexionar e aprender cousas sobre os meses e fomentar o uso oral do galego  entre o alumnado.