xoves, 16 de maio de 2024

Reto final

Todo os cursos recibieron un sobre cunha pregunta sobre Luísa Villalta.

Neste video podemos coñecer un poco á homenaxeada deste ano.

Grazas pola vosa participación!






domingo, 12 de maio de 2024

Que sabedes de...

https://youtube.com/shorts/MZ9A41c8wgg?si=MOb989IaknFA_OLj



Abre o sobre e investiga sobre o que che pide.

Cada aula recibiu un sobre cunha pregunta sobre Luísa Villalta. Deberán gravar un video lendo a pregunta e respondéndoa correctamente, e en galego por suposto.


 

venres, 10 de maio de 2024

Respostas reto 3


Nesta ocasión hai menos participantes debido a que xa os cursos máis altos acertaron quen era.

Aínda así, os grupos de infantil continúan investigando emocionados. Buscan a alguén próximo da súa contorna. 
 

xoves, 9 de maio de 2024

Material Luísa Villalta

Aquí tedes recursos para traballar nas vosas aulas e na casa sobre Luísa Villalta. Clica nas imaxes para acceder á web dos recursos.












mércores, 17 de abril de 2024

O Noso Libro 2024

 Aquí tedes o Noso Libro. Grazas pola vosa colaboración para a súa elaboración.


mércores, 3 de abril de 2024

Actuación do Mago Marco


O EDLG invitou ao gran Mago Marco para rematar o segundo trimestre.

Todo o alumnado e profesorado quedou alucinado coa súa maxia.

Esperamos que volva pronto!

luns, 26 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

Re - Creamos

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro fixemos uns murais moi creativos. 

Para os máis cativos repartíronse letras para reconstruir o nome Rosalía e Rosalía de Castro. Logo cada un inventou.

Para o alumnado de educación primaria seleccionamos un par de poemas e desordenamos as palabras ou versos. Inventaron un novo poema e algún grupo logrou recrear o poema exacto.


Aquí está a solución dos poemas propostos:

CO SEU XORDO E CONSTANTE MORMORIO

ATRÁIME O OLEAXEN DESE MAR BRAVÍO

CAL ATRÁI DAS SERENAS O CANTAR

NESTE MEU LEITO MISTERIOSO E FRÍO

DIME VEN BRANDAMENTE A DESCANSAR

 


CON MALENCONÍA MIRA PARA O MAR

OS QUE NOUTRAS TERRAS

TEN QUE BUSCAR O PAN


domingo, 18 de febreiro de 2024

Entroido mariño


Co tema do mar fomos disfrazados de diferentes personaxes e animais que podemos atopar no mar.

Percorremos as rúas de O Porriño acompañados dunha animada música!

Ademais, cada nivel levou un eslogan escrito en galego sobre o súa personaxe.

venres, 16 de febreiro de 2024

San Valentín

Cando pechas os ollos e pensas no amor 💘 que ves??

Repartíronse corazóns por todos niveis e o alumnado expresou o que era o amor para eles a través de debuxos e palabras. 

Sinxela e bonita.




















 

xoves, 8 de febreiro de 2024

Lectura para o Día de Rosalía

O EDLG fai un agasallo á biblioteca do cole polo día de Rosalía.

Os nenos e nenas están a demandar moita banda deseñada, por iso pensamos que este libro sería unha boa lectura.



mércores, 7 de febreiro de 2024

Ganadores e ganadora do concurso de carteis do Entroido

Noraboa aos gañadores!!

Joel de infantil

Adrián de primeiro ciclo

Lara de segundo ciclo


Moitas grazas a todo o alumnado que participou!







martes, 30 de xaneiro de 2024

Día da paz


Para conmemorar o día da paz cantamos a canción DE QUE CHE VALE con todo o alumnado do centro.



luns, 22 de xaneiro de 2024

Lecturas de PAZ

O EDLG fai un agasallo á biblioteca do cole polo día da Paz. 

Que mellor lectura que un clásico!!



xoves, 18 de xaneiro de 2024

Recursos e actividades para o Día da Paz

Aquí tedes algunhas actividades que podedes empregar para celebrar o día da paz nas vosas aulas. Esperamos que vos gusten.








Gandhi e o día da paz

 


Aínda non sabedes que é Gandhi?
Nesta presentación podedes ler datos interesantes sobre este home e todo o que fixo ao longo da súa vida. Desfrutade da lectura.

mércores, 17 de xaneiro de 2024

Concurso de Entroido

 


Anímate a participar neste concurso artístico de creación de carteis anunciando o noso desfile por Porriño! Así todo o mundo estará enterado de cando será e por onde!

Por suposto, haberá premio para o gañador ou gañadora!