Derradeira actividade do EDLG! Esperamos que vos gustara a actuación do Mago Marco!
Ata o vindeiro curso!
Ata o vindeiro curso!
Aquí tedes a revista escolar deste curso. Esperamos que vos guste!
Este ano organizamos unha actividade ben especial para celebrar o día do medio ambiente .O alumnado de infantil serán os encargados de explicarlles aos alumnos maiores do centro qué se celebra o 5 de xuño .Organizamos varias actividades explicativas para coidar o noso planeta .
Empezamos co alumnado de 5 anos compartindo a súa experiencia co alumnado de 6 ° de primaria .Plantaron sementes de perexil en papel de periódico.Mostráronlle toda a evolución das plantas .
O alumnado de catro anos elexiu unha actividade de boas e malas prácticas para coidar do noso planeta.Compartiron a actividade con nenos de 2° e 1° de primaria.
Mirade o ben que o pasaron .
O Festival de Cans é un festival moi especial. Os que o facemos sempre dicimos que posiblemente non sexa o mellor festival do mundo, pero si o máis diferente. Cans celébrase sempre o terceiro ou cuarto fin de semana do mes de maio, coincidindo cos nosos primos do Cannes de Francia. Con ese paralelismo entre os dous nomes comezou un día como unha broma o Festival de Cans. Era pouco menos que un xogo fonético, pero pouco a pouco todo foi collendo unha dimensión que nos sorprendeu. Desde o ano 2004, ó que asistirion 500 persoas nunha tarde de sábado, empezamos a acoller visitantes sen parar, e agora recibimos multitude de xente nos cinco días que dura o evento.
Cans é un festival de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante. Durante o festival, a aldea transfórmase completamente. Diferentes espazos se converten en salas de proxección, adegas, alpendres, jalpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas.
Outros espazos, como placas de casas en construción, galiñeiros, invernadoiros ou leiras convértense en lugares para actuacións musicais e actividades paralelas. E a xente trasládase frenéticamente dun lado a outro en chimpín -os pequenos tractores domésticos- como se estivesen vivindo nun filme de Kusturica.
A broma foi converténdose nun gran punto de cita de público e profesionais. Ademáis do festival de curtas hai estreas de filmes e documentais, coloquios con cineastas, roteiros sonoros e un feixe de actividades que se reparten entre a aldea e o núcleo urbano de O Porriño. Durante uns días, Cans convértese nun espazo no que se produce un terremoto cultural. Fronte á sofisticación e o glamour da Costa Azul, o noso festival ofrece altas doses de autenticidade e diversión no medio das leiras. É o que se chama Agroglamour, a esencia que define ao evento.
O Festival de Cans toma por completo a aldea. O Torreiro (a praza da igrexa), convértese nun espazo da festa, a estrada central córtase e convértese no Cans Voulevar, o Parque do Río pasa a ser un espazo multiusos e en todos os currunchos hai unha programación intensa e diversa de cine e música, tamén para ós nenos. Os espazos cotiás perden a súa privacidade e os veciños e veciñas cédenos para seren de uso público por uns días. O Cuberto de Chelo, o Cuberto do Pato, o Baixo de Carlos, o Baixo de Alfonso, o Jalpón de Aurora, a Casa de Mari, o Cuberto de Mucha do Peso ou o Baixo do Moncho convértense en salas de proxección transformadas polas pantallas construidas na aldea polos carpinteiros Silvino e Juan Maceira, e pola herba empacada e as táboas onde senta o público a ver os filmes.
Hai curtas de ficción, de animación, documentais, concurso de videoclips ou webseries. A creación galega máis emerxente pasa por Cans, que se converte na gran plataforma de visibilidade dos novos creadores. Cans é unha mestura que non é fácil de definir pero ante todo unha experiencia marabillosa que hai que vivir. Por iso todo o mundo repite. Se ves un ano, seguro que volves. Esa é unha máxima infalible.
Xa estamos a rematar o curso e tamén os nosos traballos para a exposición final de curso.O alumnado de 4 anos vai participar co traxe rexionsl galego.Unha das misións do PDI fo centro era a elaboración de un photocall para a expisición.Pois aquí temos ese fran traballo .Mirade o bonito e vistoso que quedou .
Tamén van a participar cun mantón do traxe rexional galego .
Son moitas as perxonaxes galegas que requiren especial mención na nosa cultura .Unha delas é por suposto Doña Emilia Pardo Bazán .Escoitade o que nos teñen que contar estes investigadores de 6º de primaria .Prema no video e disfrutade .

Hoxe tivemos unha experiencia no cole do máis innovador.Coas instalacións que temos da radio escolar no centro ,anunciamos a gañadora do concurso da mascota da radio escolar .A gañadora foi Antía Cid de 6° de primaria que participou cun debuxo de radio Zorro .
Dende este blog da biblioteca queremos agradecer a todo o alumnado que participou cos seus traballos .Tamén queremos agradacer ao profesorado que animou aos seus alumnos a inventar unha mascota .
E por fin podemos publicar a mascota da radio .Co gallo da celebración do día do libro ,tivemos a sorte de disfrutar dunha sesión de contacontos da man de Paco Nogueiras.
Hoxe disfruramos da visita de Iria Misa ,autora do libro "unha veciña de película ".O alumndo do tercer ciclo estivo a traballar con este libro .Tiveron a oportunidade de coñecer a autora e pasar un rato moi distendido .
Este 24 de abril participamos na V Xuntanza literaria do Concello do Porriño.Asistiu o alumnado de 3° de primaria .Pasaron un rato moi entretido compartindo lecturas con nenos de outros centros do concello .