xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día da non violencia e a paz




Hoxe conmemoramos o día da non violencia e a paz.
O tempo acompañounos e puidemos xuntarnos no patio para cantar e bailar a canción "Danza da paz" de Mamá cabra.

Despois, intercambiamos unhas pombas decoradas polo alumnado e cunha mensaxe de paz en galego.

Foi moi divertido ver a todo o alumnado correndo polo patio buscando a súa parella para facer o intercambio de pomba.

mércores, 29 de xaneiro de 2025

Mural día da paz


Xa estamos preparados para celebrar o día da paz!


A temática, ademais da paz, non podía ser outra que os 4 elementos e os ecosistemas. A que quedou moi bonito?

martes, 28 de xaneiro de 2025

Recursos Letras Galegas

 http://mapasonoro.consellodacultura.gal/coleccions/colecion/13

Recursos Rosalía de Castro

 Neste documento, aportado polo CEIP Otero Pedrayo (A Laracha) podedes atopar diferentes recursos relacionados con Rosalía de Castro.

luns, 20 de xaneiro de 2025

Baila da paz de Mamá Cabra

Esta é a canción para conmemorar o día da Paz o día 30 de Xaneiro. Aprendéea ben para cantala e bailala!!

 

Recursos e actividades para o Día da Paz

Aquí tedes algunhas actividades que podedes empregar para celebrar o día da paz nas vosas aulas. Esperamos que vos gusten.









Gandhi e o día da paz

 


Aínda non sabedes que é Gandhi?
Nesta presentación podedes ler datos interesantes sobre este home e todo o que fixo ao longo da súa vida. Desfrutade da lectura.

martes, 14 de xaneiro de 2025

Aventuras no Nadal

Este ano, por segundo ano, retomamos en Educación Infantil unha serie de aventuras do Elfo/Trasno.

Cada aula tiña o seu Trasno ao cal adoptaron durante o mes de decembro.

Fixeron moitas falcatruadas xuntos!!