venres, 27 de xaneiro de 2023

O Noso Libro

Este ano O Noso Libro adicámosllo ao fundador do noso centro educativo. 

Ainda que non había moita información del, cada curso fixo a súa labor de investigación para logo plasmalo neste Libro.

Esperamos que Xosé Fernández López se sinta orgulloso de nós.





mércores, 11 de xaneiro de 2023

Mes da Ciencia

 



O EDLG en colaboración con Biblioxoferlo invitamos a todos os cursos a participar nunha exposición de experimentos.
É a primeira feira de ciencia que levamos a cabo no centro e triunfou. Participaron todos os cursos con experimentos super interesantes!
Se ciclas na imaxe poderás ver os videos e fotografías que elaboramos con algunhas explicacións.
Fixemos unhas plantillas onde se explica o experimento para despois elaborar un libro que quedará na biblioteca do colexio de recordo.

domingo, 1 de xaneiro de 2023

Calendario 2023

Presentamos o calendario feito polos nenos e nenas do noso cole.

A que quedou ben xeitoso? 

Noraboa aos artistas!!!



mércores, 14 de decembro de 2022

Linguaxe de signos

 

Clica na imaxe

A ANPA mostrouse moi colaboradora e, xunto coa biblioteca, prepararon unha actividade relacionada coa linguaxe de signos en galego. Aínda que tivemos que traducir en moitos momentos, seguiremos practicando o galego cos pequenos e pequenas.

xoves, 24 de novembro de 2022

A pedra vermella

 Ola compañeiros e compañeiros!

Os nenos e nenas de infantil pasárono en grande coa escritora Laura Sonia Blanco, que é unha mamá do cole.

O seu libro chámase a Pedra Vermella e trata sobre a importancia da familia, de estar xuntos e do amor. Unha historia preciosa.

Moitas grazas por compartir connosco a túa historia!

Clica na imaxe


sábado, 19 de novembro de 2022

Susa Herrera e Lara

 Tivemos a sorte de recibir unha visita moi especial:

SUSA HERRERA!

Ademais, a mestra Lara acompañouna cantando e bailando as diferentes cancións que nos trouxo Susa.

Moitas grazas por facernos rir un bo anaco cantando e bailando.


Clica na imaxe para ver o video