sábado, 2 de novembro de 2024

Unhas adiviñas terroríficas

 Este ano, para poder entrar no túnel do medo, o alumnado tivo que crear unha adiviña relacionada coa temática do Samaín.

Saíron adiviñas moi divertidas.

venres, 1 de novembro de 2024

Un samaín moi tenebroso

Todos equipos e profesorado participamos para poder asustar tanto a alumnado como a familias.

Estivo fenomenal. Que faremos o vindeiro curso?


 

xoves, 31 de outubro de 2024

Túnel do medo

Outro ano máis colaboramos cos outros equipos do centro para levar a cabo esta actividade polo Samaín. Nesta ocasión toca inventar unha adiviña.




luns, 30 de setembro de 2024

Novo logo

 Comezamos o curso coa elaboración dun logo para o noso equipo.

Que vos parece?




mércores, 19 de xuño de 2024

E rematamos...

O EDLG convidou á César de Cé Orquestra Pantasma para animarnos coa súa gracia e cancións.

Moitas grazas por facernos rir e bailar tanto!



venres, 14 de xuño de 2024

Revista escolar 2024

Ola nenos e nenas!

Xa non queda nada para rematar o curso!! Cantas cousiñas fixemos ao longo deste ano, verdade?

Este ano, a revista está ilustrada cunha morea de fotografías das diferentes actividades que fixestes nestes meses. Esperamos que vos guste!