Para conmemorar o día da paz, cantamos conxuntamente a canción "Odio de amor" de Juanes e elaboramos un mural colaborativo entre todo o alumnado do centro plasmando a súa pegada.
venres, 30 de xaneiro de 2026
martes, 27 de xaneiro de 2026
Actividade proposta: O Noso Libro 2026
venres, 23 de xaneiro de 2026
Verbas sentidas
Seguimos incentivando o noso plan de lectura nas aulas de tres anos,invitando aos país a compartir un ratiño cos compañeiros dos fillos .Nesta ocasión invitamos ao pai e irmáns maiores á aula de tres anos para contarlles un conto .Experiencias moi motivadoras para todos eles.Moitas grazas a todos por estes momentos.
luns, 12 de xaneiro de 2026
Proxecto de Galicia: Terra máxica
Seguimos a traballar co noso PDI que este ano está adicado a Galicia.Temos moitas misións que resolver para coñecer a cultura galega en profundidade.O alumnado de catro anos xa comezou ca primera tarefa.Todos ilusionados recibiron a maleta nas súas aulas. A ver cómo traballan nesta misión.
xoves, 8 de xaneiro de 2026
Calendario 2026: Xaneiro
Este curso decidimos aforrar papel en impresións e facer un mural xigante no corredor do centro, moito máis visual e motivador que o anterior calendario.
Cada mes ocuparase un nivel ou grupo e decorará dacordo a temática dese mes.







