xoves, 26 de febreiro de 2026

Visita especial

Tivemos unha visita moi especial. O pai de Vera e a nai de Xabi da clase de 3 anos, viñeron a ensinarnos os traxes e instrumentos tradicionais galegos.








martes, 24 de febreiro de 2026

luns, 9 de febreiro de 2026

Entroido: Festa da farrapada

No centro estase a traballar o proxecto "Galicia máxica", é dicir, todo o relacionado con cultura, costumes, celebracións, crenzas...etc.

En 3 anos, celebramos o Luns Borralleiro típico de Laza ou festa da farrapada. Consiste en lanzarse farrapos uns aos outros. Nós fixemos unha versión máis lixeiro e, en lugar de empregar farrapos sucios, estes estaban limpos.








Actividades para o Día de Rosalía

 Actividades para realizar polo día de Rosalía.


https://www.aelg.gal/actividades/dia-de-rosalia-de-castro


Concurso de carteis de Entroido

 Álex Lago. Gañador!!!

Cada ano, o concello propón un concurso de carteis de Entroido. Este ano, gañou un compañeiro da nosa escola!!





 

venres, 6 de febreiro de 2026

Entroido: festa do fareleiro

O proxecto de centro "Galiza máxica" danos moito xogo nesta época do ano. 

Comezamos en Entroido celebrando o "Domingo Fareleiro" pero en día de semana. Pasámolo moi ben lanzándonos fariña e escapando uns dos outros.



Actividades de Entroido

 

Mandatos do meco

 O Equipo de ACE e o EDLG crearon conxuntamente os mandatos do meco. Esperamos que disfrutes esta semana!






venres, 30 de xaneiro de 2026

Día da Paz

Para conmemorar o día da paz, cantamos conxuntamente a canción "Odio de amor" de Juanes e elaboramos un mural colaborativo entre todo o alumnado do centro plasmando a súa pegada.






venres, 23 de xaneiro de 2026

Verbas sentidas

Seguimos incentivando o noso plan de lectura nas aulas de tres anos,invitando aos país a compartir un ratiño cos compañeiros dos fillos .Nesta ocasión invitamos ao pai e irmáns maiores á aula de tres anos para contarlles un conto .Experiencias moi motivadoras para todos eles.Moitas grazas a todos por estes momentos.




luns, 12 de xaneiro de 2026

Proxecto de Galicia: Terra máxica

 



Seguimos a traballar co noso PDI que este ano está adicado a Galicia.Temos moitas misións  que resolver para coñecer a cultura galega en profundidade.O alumnado de catro anos xa comezou ca primera tarefa.Todos ilusionados recibiron a maleta nas súas aulas. A ver cómo traballan nesta misión. 




xoves, 8 de xaneiro de 2026

Calendario 2026: Xaneiro

 Este curso decidimos aforrar papel en impresións e facer un mural xigante no corredor do centro, moito máis visual e motivador que o anterior calendario.

Cada mes ocuparase un nivel ou grupo e decorará dacordo a temática dese mes.