martes, 17 de xuño de 2025

Revista escolar Ecos da Louriña 2025

 Aquí tedes a nosa Revista Escolar cun resumo das actividades levadas a cabo durante este curso. É moi emocionante ver todas as aventuras vividas recollidas nesta revista.

Esperamos que desfrutedes véndoa tanto como desfrutamos nós vivindo cada historia!

Grazas

Cé Orquestra Pantasma


Aquí tedes un resumo da actuación musical de César!!!

Bailamos ata esgotar todas as nosas enerxías.

Esperamos verte pronto!

 

xoves, 5 de xuño de 2025

Día mundial do medio ambiente

 Para conmemorar esta data, xuntámonos no patio e cada nivel decorou unha letra para montar o lema...


COIDEMOS O NOSO PLANETA!


Ademais, cada nivel tamén tivo que dicir un lema inventado na clase.