xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día da non violencia e a paz




Hoxe conmemoramos o día da non violencia e a paz.
O tempo acompañounos e puidemos xuntarnos no patio para cantar e bailar a canción "Danza da paz" de Mamá cabra.

Despois, intercambiamos unhas pombas decoradas polo alumnado e cunha mensaxe de paz en galego.

Foi moi divertido ver a todo o alumnado correndo polo patio buscando a súa parella para facer o intercambio de pomba.

mércores, 29 de xaneiro de 2025

Mural día da paz


Xa estamos preparados para celebrar o día da paz!


A temática, ademais da paz, non podía ser outra que os 4 elementos e os ecosistemas. A que quedou moi bonito?

martes, 28 de xaneiro de 2025

Recursos Letras Galegas

 http://mapasonoro.consellodacultura.gal/coleccions/colecion/13

Recursos Rosalía de Castro

 Neste documento, aportado polo CEIP Otero Pedrayo (A Laracha) podedes atopar diferentes recursos relacionados con Rosalía de Castro.

martes, 21 de xaneiro de 2025

Nova proposta: O noso libro 2025



Música en galego


A través do enlace na imaxe ou do código QR podes acceder a unha listaxe de cancións completamente en galego.

Galeguízate!

 

luns, 20 de xaneiro de 2025

Baila da paz de Mamá Cabra

Esta é a canción para conmemorar o día da Paz o día 30 de Xaneiro. Aprendéea ben para cantala e bailala!!

 

Recursos e actividades para o Día da Paz

Aquí tedes algunhas actividades que podedes empregar para celebrar o día da paz nas vosas aulas. Esperamos que vos gusten.









Gandhi e o día da paz

 


Aínda non sabedes que é Gandhi?
Nesta presentación podedes ler datos interesantes sobre este home e todo o que fixo ao longo da súa vida. Desfrutade da lectura.

mércores, 15 de xaneiro de 2025

Aventuras no Nadal

Este ano, debido a alta demanda do alumnado, propuxemos en Educación Infantil unha serie de aventuras do Elfo.

Cada aula tiña o seu Elfo ao cal adoptaron durante o mes de decembro.

Fixeron moitas falcatruadas xuntos!!