Non queremos despedir este ano sen deixar programado as misións que realizaremos no segundo trimestre .Unha serie de tarefas nas que traballaremos distintos aspectos da nosa cultura galega. Con ganas de descanso pero cas pilas postas para o segundo trimestre. Según a emoción .
venres, 19 de decembro de 2025
Misión para o PDI
xoves, 18 de decembro de 2025
Lotería de Nadal
Un ano máis o equipo da biblioteca involúcrase para poder levar a cabo a nosa lotería. Unha actividade moi enriquecedora que non podería ser sen a implicación do profesorado .Moitas grazas a todos eles.
Este ano sorteamos xogos de mesa.Mirade todo o traballo feito para realizar esta actividade na que participa toda a comunidade educativa, alumnado, mestres,persoal non docente.
mércores, 10 de decembro de 2025
Mes da ciencia: experimentos
Seguimos a treballar no mes da ciencia .Nesta ocasión os mestres de 5°de primaria prepararon un taller científico con distintas mostras para acercar o mundo da investigación aos máis cativos.Poidemos observar co microscopio mostras do texido humano.Foi una experiencia moi enriquecedora.
martes, 9 de decembro de 2025
Nadal 2025
Para decorar a entrada do centro, cada aula empregou unha caixa de cartón e adornouna segundo a temática do proxecto de centro "Galicia máxica"
mércores, 3 de decembro de 2025
Mes da ciencia: Tinta máxica
Este mes de outubro estivemos traballando ca ciencia. Tivemos varios obradoiros, onde a transformación dos materiais foi o principal obxectivo.
Fixemos tinta máxica con bicarbonato e cúrcuma. O alumnado poido comprobar cómo a auga mesturada con distintos materias producen distintos resultados.
Mes da ciencia
Un dos obradoiros que se realizou este curso durante o mes da ciencia foi a transformación do plástico cando se expón a altas temperaturas. O alumnado decorou vasos de plástico e despois veron cómo se transformaban en planchas de plástico sin volumen. Mirade o ben que o pasaron.
domingo, 30 de novembro de 2025
martes, 25 de novembro de 2025
25 de Novembro de 2025
xoves, 30 de outubro de 2025
Samaín e túnel do medo
luns, 27 de outubro de 2025
Club de lectura "Tebras máxicas
No día das bibliotecas, puxemos en marcha un novo club de lectura co alumnado de 5° de primaria. Nesta primera xuntanza decidimos o nome do noso club "Tebras máxicas", e realizamos un xogo relacionado co libro que imos ler.
O libro a traballar é Abadazad, o ladrón de soños. A ver se lle gusta.
mércores, 22 de outubro de 2025
Contacontos musical de Samaín
martes, 14 de outubro de 2025
Eu de maior quero ser...
O alumnado de 6°de primaria tivo a oportunidade de coñecer o oficio de producción de películas da man de Alba. Fixo un percorrido pola súa formación e logo pola súa vida profesional. Contamos tamén ca presenza do alcalde do Porriño. Unha mañán chea de emocións.
luns, 15 de setembro de 2025
Novo proxecto
Xa temos todo preparado para comezar co PDI qie este ano está adicado á cultura galega. Mirade que boas pistas preparamos para motivar á cativada. Sabedes o que é?
Nesta mesa sensorial hai escondido algo que o alumnado tes que descubrir. Qué poderá ser?.
martes, 17 de xuño de 2025
Revista escolar Ecos da Louriña 2025
Aquí tedes a nosa Revista Escolar cun resumo das actividades levadas a cabo durante este curso. É moi emocionante ver todas as aventuras vividas recollidas nesta revista.
Esperamos que desfrutedes véndoa tanto como desfrutamos nós vivindo cada historia!
Grazas
Cé Orquestra Pantasma
Bailamos ata esgotar todas as nosas enerxías.
Esperamos verte pronto!
xoves, 5 de xuño de 2025
Día mundial do medio ambiente
Para conmemorar esta data, xuntámonos no patio e cada nivel decorou unha letra para montar o lema...
COIDEMOS O NOSO PLANETA!
Ademais, cada nivel tamén tivo que dicir un lema inventado na clase.
venres, 30 de maio de 2025
Ponteazero
A biblioteca e o EDLG colaborou coa Deputación de Pontevedra, organizando uns obradoiros construtivos sobre reciclaxe e coidado do Planeta. Aprendemos que produtos temos que poñer en cada contenedor.
Preme no video para ver o interesante que resultou a actividade.
sábado, 24 de maio de 2025
Letras Galegas 2025: libro recompilatorio
venres, 16 de maio de 2025
Solución: O Misterio das Cantareiras
mércores, 14 de maio de 2025
O Misterio das Cantareiras
martes, 13 de maio de 2025
Mix de cancións galegas para o día das Letras Galegas
xoves, 8 de maio de 2025
Audiolibro Defensores e defensoras do planeta
mércores, 23 de abril de 2025
O Noso Libro
Aquí tedes a nova edicación de O Noso Libro en formato libro dixital



















































.jpg)



